|
|
O
restaurante Casa Elías, na vila de Buño,
pasou de ser unha taberna tradicional a un moderno e elegante
establecemento hosteleiro, sen deixar de ser fidel á filosofía
que o veu nacer : a exaltación dos mellores productos da Costa
da Morte.
|
|
Desde
hai dúas xeracións, Casa Elías ven ofrecendo unha cuidada selección
dos productos do mar e da terra da Costa de Morte : mariscos,
peixes, carne coa D.O. 'Ternera Gallega', caza e cociña de tempada,
así como exquisitos postres de elaboración caseira (filloas, cañas,
crema de iogur, tarta de santiago, ...) e unha variada adega surtida
cos mellores viños.
|
|
Casa
Elías contribue á promoción da cultura e dos productos da Costa
da Morte mediante a organización periódica de xornadas gastronómicas
e culturais, con exposicións e demostracións en vivo de artesanía
de Buño, encaixe de bolillos de Camariñas, etc.
|
| O
restaurante Casa Elías, funcuional e elegante, posue un óptimo equipamento
: dous comedores cunha capacidade total para 750 comensais, un comedor
á carta para 90 persoas e un comedor privado e salóns acolledores,
climatizados e dotados de ambente musical. Ofréceselle igualmente
os servicios de cafetería, terraza, sala de televisión e aparcamento
privado. |
|
|
|
Casa
Elías convida ós seus hóspedes a visitar a artesanía local e algunhas
das maravillas da Costa da Morte. Desde Buño, a vila oleira máis
famosa de Galicia, ata Malpica e a tradición mariñeira que gardan
as costas galegas. Desde a ermida de Santo Hadrián e a reserva
ornitolóxica das illas Sisargas, ata o dolmen de Dombate e o castro
de Borneiro, un dos conxuntos prehistóricos mais importantes
de Galicia. A un paso de Buño, atópase a marisma de Baldaio,
de gran valor ecolóxico. E na parte interior das rías de Corme
e Laxe
está o esteiro do río Anllóns, importante refuxio de aves que
se extende ó longo de vinte quilómetros por toda a costa.
|
Casa
Elías
Buño
- Malpica
de Bergantiños (A Coruña)
Tel. 981 71 10 49
Se desexa recibir máis información, para
reservas
ou orzamento para comidas de empresa e celebracións:
info@casaelias.com
Día
de descanso semanal: Luns
· Vacacións:
do
15 ó 30 de outubro · Horario: de
13:00 a 16:00 e de 20:00 a 24:00 horas
|